XANTARANDAINA

Serra da Capelada - Cabo Ortegal

22 de SETEMBRO de 2018

 

1

XANTARANDAINA_22 de setembro de 2018

Serra Da Capelada – Cabo Ortegal

(Dende os cantils máis altos de Europa ata o faro que separa dous mares)

Formulario de inscrición ao final do texto

Xa temos a punto a nova Xantarandaina. Nesta ocasión visitaremos paraxes naturais únicos no mundo. Na Serra da Capelada os cabalos gozan dunha vida salvaxe en libertade. Os cantils visibles dende a Garita de Herveira son os máis altos da Europa continental, e no faro do Cabo Ortegal disfrutaremos do encontro entre o Atlántico e o Cantábrico. A maiores, para os interesados na xeoloxía, aquí mesmo están as rocas máis antigas de España, e as cuartas do mundo.

SAÍDA ás 8:30 en ARES (na parada do bus)

Despois da andaina os participantes xantaremos xuntos, e ao rematar do xantar volveremos a Ares, chegando aproximadamente a media tarde.

Lonxitude aproximada: 16 Km.     

Dificultade: Baixa-media

É necesario o uso de chaleco reflectante. Lembrade levar auga e algo de comer durante a rota.

INSCRIPCIONS: Dende o 20 de agosto ao 18 de setembro de 2018

No formulario da páxina www.bimares.net; ao final deste texto.

ou no teléfono 646 413 548

(prazas limitadas polo aforo do local do xantar)

NON SOCIOS: 40 €     SOCIOS: 37 €       (inclúe traslados en autobús, seguro e xantar)

A ingresar en ABANCA ES35 2080-0211-6730-0006-5434

 

REGULAMENTO DA ROTA

  • A Rota é de carácter non competitivo. A inscripción para a actividade é obrigatoria.
  • A idade mínima de participación é de 10 anos. Os menores de idade deberán  ir acompañados e estar autorizados a participar polos pais ou titores legais.
  • Tódolos participantes deberán aterse ós horarios previstos pola organización.
  • En todo momento, a marcha irá encabezada e pechada por membros da organización, sometendose os participantes a esta norma.
  • Non se pode abandonar a proba sen comunicalo á organización.
  • A organización reservase o dereito de modificar aquilo que considérense oportuno, co fin asegurar e garantir o mellor desenrolo de proba.
  • Tódolos participantes e colabores na proba, considérense como excursión persoal. Son responsables, en tódolos aspectos que a lexislación vixente poida contemplar, dos seus actos, e de calquera dano físico,psíquico ou moral que poida sufrir, causarse ou causar a terceiras persoas, ou ben alleos.
  • Coa inscripción na actividade o participante asume o coñecemento aceptación do presente regulamento.
 

 

La Asociación Recreativa Bimares le informa del uso de cookies que permiten ofrecer un correcto funcionamiento del sitio. Al continuar con la navegación dará el consentimiento tácito a la instalación de dichas cookies. Para más información visite política de privacidad.

Acepto las Cookies de este sitio web.